Usted está aquí

III Encontros Musicais

De novo o folk galego visita Valencia

Felisa Segade, Xoan Porto y Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo) son Tres Pesos. Tres músicos de longa traxectoria no eido da música tradicional e tres vidas vencelladas a incontables proxectos (Malveiras, Limagoia, Pradairo, Estivada de Calo, Liceo de Noia, Leilía, Brincadeira...). Tres xeitos de facer.

Pandeiretas, pandeiras e pandeiros, culleres... acordeón, clarinete e gaita. Unha potente base rítmica, e unha das voces máis persoais da música galega nos últimos tempos. Xotas, maneos, danzas... Música para bailar e música para cantar.

Autodefinidos como tres caras da mesma moeda, Tres Pesos son en esencia un grupo de música tradicional, onde cada unha desas faces aporta algo distinto, engalanando tons e melodías recolleitas e transformándoas en pezas que proxectan unha identidade propia, facendo así unha música de raíz á vez que unha música do noso tempo.

concierto del grupo gallego "TRES PESOS". Próximo 23 de octubre, a las 12:00h en el edificio Veles e Vents de la marina de Valencia. Acceso Gratuito

. ...      

                                                        @GalegoVlc

REVISTA - A NOSA EIRA - Nº6 MAIO 2021
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer