Noticia aparecida en Galicia Aberta
Valencia, 5 de abril de 2017.
Este pasado luns 3 de abril, ás 19:00 h, o Centro Galego de Valencia inaugurou dúas exposicións fotográficas sobre Galicia no Edificio Socio-cultural do Concello de Massanassa (Valencia).
O acto estivo presidido polo alcalde de Massanassa, Vicent Pastor; o autor da exposición, o fotógrafo italiano afincado en Galicia, Matteo Bertolino; e polo presidente do Centro Galego de Valencia, José R. Cerdeira.