De novo o folk galego visita Valencia
Felisa Segade, Xoan Porto y Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo) son Tres Pesos. Tres músicos de longa traxectoria no eido da música tradicional e tres vidas vencelladas a incontables proxectos (Malveiras, Limagoia, Pradairo, Estivada de Calo, Liceo de Noia, Leilía, Brincadeira...). Tres xeitos de facer.
Pandeiretas, pandeiras e pandeiros, culleres... acordeón, clarinete e gaita. Unha potente base rítmica, e unha das voces máis persoais da música galega nos últimos tempos. Xotas, maneos, danzas... Música para bailar e música para cantar.