Usted está aquí

131 anos do nacemento de Castelao

Castelao é un referente na cultura e historia de Galicia. Foi un escritor e debuxante recoñecido a nivel mundial, pero, maiormente, foi un referente da defensa do galego, do galego e dos galegos.
Achegamos parte das palabras dedicadas por Neira Vilas nun artigo da Academia Galega da Lingua para que, aqueles que non o coñezan, descubran a este excepcional galeguista.

 

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra, Galicia.

Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro. Á súa volta retomou o bacharelato e cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como médico na súa vila, mergullándose na política local. Non obstante, a profesión non lograba satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira acabaría precipitando o seu afastamento dela. En 1916 obtivo unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra. Comezaba, entón, unha etapa en que Castelao chegaría a converterse no principal referente da arte galega.

O seu labor céntrase na creación plástica, que manifesta a través de cadros e caricaturas -Nós-, mais tamén é tempo de reflexión sobre as relacións entre a arte e a nación, que exporá na conferencia Arte e galeguismo (1919), e que callarán definitivamente tras a viaxe que realiza en 1921 por Europa -Diarios de Arte-. A partir deste momento, a plástica facilitará a súa entrada na literatura con obras como Cousas da vidaCousasOs dous de sempre ou Retrincos.

 

Artígo tomado de: http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/28701 (Podemos atopar máis elementos da súa biografía e, principalmente, a súa extensa obra.)

. ...      

                                                        @GalegoVlc

REVISTA - A NOSA EIRA - Nº6 MAIO 2021
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer