Existe a crenza nas ánimas e que estas se manifestan e teñen a súa vida despois da morte.
Na escuridade aparece unha procesión de almas en pena, vai encabezada sempre por un vivo, o primeiro que viron esa noite, se desexa librarse deles e abandonar tan tétrico cortexo debe entregar os atributos a outro mortal, ou ben colgalos ao colo dun can e encerrarse nunha arca chea de maiz.
A Santa Compaña está formada por ánimas que van en dúas fileiras, envolvidas en sudarios, coas mans frías e os pés descalzos.
Ler máis: http://sergallegounorgullo.blogspot.com.es/2016/05/a-santa-compana.html?m=0
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer