A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha o próximo 18 de febreiro un novo curso de lingua e cultura galega aberto a todo aquel que quera aprender ou mellorar o seu nivel de galego.
As clases serán tódolos luns e xoves ás 20 horas a través do noso Facebook en GaliciaAberta e na nosa aula GaliciaAberta.
Uns días antes, estará a disposición de tódolos interesados a documentación e fichas necesarias para seguir a clase que será impartida pola docente Concha Diéguez de Reverso Comunicación. De feito, xa está dispoñible o material da primeira clase na nosa web.
O enlace para máis información é: https://emigracion.xunta.gal/es/actualidad/agenda/aula-lengua-y-cultura-gallegas-aula-galiciaaberta
Material para lección 1: https://emigracion.xunta.gal/files/evento/2021/02/leccion-1.pdf
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer