Usted está aquí

CONVOCATORIA DE CURSOS DE GALEGO ON-LINE

Anuncio, con carácter voluntario e gratuíto, da convocatoria de CURSOS PRESENCIAIS E DE TELEFORMACIÓN DE LINGUA GALEGA preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.


Persoas destinatarias:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

2. No caso dos cursos de teleformación, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

  • – Ordenador con conexión á internet.
  • – Conta de correo electrónico especificada na solicitude.
  • No curso Celga 1 de teleformación, deberán dispoñer a maiores  de Navegador web con plugin de flash.

        No curso Celga 4 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de Micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.

3. Para solicitar os cursos Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:

– Se se trata do curso destinado á poboación que reside fóra Galicia, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.


O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

 

Publicado no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-290118-0002_gl.html


Mais información na web http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/ 

. ...      

                                                        @GalegoVlc

REVISTA - A NOSA EIRA - Nº6 MAIO 2021
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer